lunes, 16 de noviembre de 2015

Magosto Veciñal

     
    O pasado sábado 14, a partir das 17:00, tivo lugar, no polideportivo de Praia Xardín, un magosto no que estaba convidado todo o mundo. Houbo xogos tradicionais; música popular en directo; un concurso de postres, cuxo único requisito e que entre os seus ingredientes se atoparan as castañas; e como non podían faltar, moitas castañas quentiñas e unha gran merenda.



Feira Ecolóxica III

 
   O pasado sábado 14, pola mañá, realizouse a terceira feira ecolóxica. Dende Boiro Verde colaboramos , facendolle un obradoiro pirata as rapazas e rapaces que se achegaron ó mercado seguindo o mapa repartido polos Ilotas, personaxes do Teatro Improvisto.


                                              
   

















lunes, 9 de noviembre de 2015

Próxima feira ecolóxica

Este sábado 14 de novembro, terá lugar a terceira feira ecolóxica, organizada polo Foro Ecolóxico de Boiro, detrás do Centro Social Boirense.
Poderedes atopar productos de horta ecolóxica frescos e elaborados, xabróns ecolóxicos... e moito máis!!
Dende BoiroVerde, vos animamos a asistir para descubrir as actividades que vos temos preparadas:

10:00 Apertura da feira ecolóxica
10:30 Obradoiro de galletas terrorificas a cargo de Lilí Fabeiro (10€)
11:00 "Os Ilotas" percorrerán a rúa peoníl
11:45 Taller pirata

Os compoñentes de BoiroVerde agradecen a colaboración dos membros do "Teatro do improvisto" que aportarán a súa experiencia e os seus personaxes "Os Ilotas" para animar á xente da rúa a achegarse á feira.



Feira Ecolóxica II

lunes, 26 de octubre de 2015

Feira Ecolóxica I

 
    O sábado 10 de outubro realizouse o primeiro mercado ecolóxico, detrás do Centro Social, nos soportais dos edificios.

    Dende Boiro Verde fixémoslles xogos de  concienciación medioambiental aos nenos e nenas. Ó finalizar regalámoslle unha medalla, un diploma e un piñeiro(que doou o centro de xardinaría de Espiñeira) a cada un.



Señora mercando alimentos ecolóxicos.





Debuxo feito cos nenos que acudiron as actividades do mercado.




Piñeiros cedidos polo Centro de Xardinaría de Espiñeira.



jueves, 22 de octubre de 2015

Mellorando o Litoral


O pasado sábado 17 de outubro, tivo lugar, na praia de carragueiros, unha retirada de plantas invasoras para intentar controlalas.
Boiro Verde participou con moitos outros voluntarios. Reunimonos as 10h da mañá, e despois dunha charla sobre as plantas autóctonas e as invasoras, puxémonos mans a obra.
Nas seguintes fotos mostrámosvos como foi esta actividade.
Esperamos repetila pronto, manteremosvos informados de esta e outras actividades de Boiro Verde.








viernes, 11 de enero de 2013

Información sobre reciclaxe en Riveira

Unha carpa instalada no Dique sensibilizará aos riveirenses sobre as virtudes da reciclaxe


Este sábado instalarase no Dique de Ribeira unha carpa na que se ofrecerá información sobre a importancia da recollida selectiva de residuos e o reciclajme. Consellería de Medio Ambiente e Ecoembes ten por obxecto explicar como debe levar a cabo a separación de residuos domésticos. A actividade desenvolverase de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.00 horas.


http://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/2013/01/10/carpa-instalada-malecon-sensibilizara-ribeirenses-sobre-virtudes-reciclaje/00031357833047539118829.htm?idioma=galego